miércoles, 26 de julio de 2017

A VILA DA GUARDA DURANTE A GUERRA CON PORTUGAL (1640-68)

Xoán R. Carnero Fernández-Perico, autor de “Conflitos Bélicos na Raia do Baixo Miño (1640-68)”.

Unha das etapas mais descoñecidas da nosa Historia recente é sen dúbidas a referente á guerra que nos enfrontou durante 28 anos cos nosos veciños portugueses. Baixo o reinado de Felipe IV, os lusos quixeron dar remate ao dominio español sobre o seu territorio, dando comezo á Guerra da Restauração (ou da Aclamação) coa pretensión de restaurar a súa propia monarquía, nesta ocasión coa proclamación de João IV de Bragança como novo rei de Portugal en decembro de 1640. 
Atrás quedaban os 60 anos de ocupación do país que no seu día forzara o monarca Felipe II. No Baixo Miño, as chaves das cidades de Caminha e Vila Nova de Cerveira foran entregadas por Antonio Ozores e Gómez Correa, respectivamente, ao Conde de Lemos en xuño de 1580 na vila mariñeira da Guarda. O xugo político e impositivo da Coroa de Castela nunca foran aceptados pola nación lusitana, que loitou con tesón para acadar a independencia.   

O río Miño era unha gran fenda física para manobras militares de certa envergadura, porque requiría do emprego de barcos que puidesen transportar tropa ou trebellos de guerra entre as dúas beiras. Dada a precariedade das defensas miñotas, obsoletas e nun estado ruinoso, o inicio da guerra non tivo gran incidencia no Baixo Miño. Para paliar estas eivas construíronse pequenos redutos de terra, fachos, trincheiras e estacadas, que se acompañaban de garitas de vixilancia atendidas polos propios veciños. O recrudecimento bélico foi máis intenso na Raia Seca, entre Ourense e Trás-os-Montes, onde o paso da fronteira era máis doado para practicar razzias indiscriminadas contra a poboación civil. Así, nos dous bandos, sucedíanse roubos, incendios de casas, destrución das colleitas, sen máis ánimo cos da cobiza e  a vinganza.
A guerra ofensiva encetárona os portugueses cun ataque ao longo de toda fronteira con España no día 24 de xullo de 1641. Na antiga provincia de Tui, foi precisamente a vila da Guarda a primeira en recibir un ataque de soldados milicianos procedentes de Viana “con dúas lanchas e outras embarcacións”, acompañadas “dunha galeota con dous barcos máis de tropa” que saíran de Caminha para asistilos na operación. O certo é que os portugueses non foron quen de desembarcar, contentándose solo con levar dous barcos de pesca, que axiña o Gobernador das Armas, Gastão Coutinho, mandou liberar no mar “para que non parecera despoxo”. Nestas datas deron comezo as primeiras obras da fortificación da Insua de Caminha, lugar de interese estratéxico portugués para o control dos barcos que entraban polo Miño e chegaban ata Salvaterra e Monção.  
Dada a pasividade dos galegos, o Gobernador das Armas portugués, Castello-Melhor, ordenou atacar o pequeno reduto de Camposancos (“O Forte”) no día 2 de xullo de 1643. Varios barcos lusos con 60 mosqueteiros quixeron desembarcar na Pasaxe, pero os 50 soldados que defendían o embarcadoiro mailas vixías do río non llo permitiron. Aínda que unha galeota apoiaba a manobra con disparos de artillería, os atacantes tiveron que retirarse para Caminha sen poder tomar o posto. Poucos días despois, o 17 de xullo, o lugar da Tamuxe foi atacado por 400 soldados embarcados desde Caminha, co propósito de destruír os “barcos de guerra” galegos que se resgardan no esteiro. A veciñanza acudiu para impedir o desembarco, pero aínda que os portugueses non acadaron o seu obxectivo, si puideron queimar e saquear algúns lugares da contorna. Estas “intentonas” serviron de adestramento para posteriores operacións militares, como foi a tomada e ocupación de Salvaterra do Miño no día 15 de agosto de 1643, que permaneceu baixo dominio portugués durante 16 anos.
Diante das afrontas recibidas, o exército galego con 2.500 homes desembarcou en Lanhelas e Gondarém para avanzar coa determinación de tomar Vila Nova de Cerveira (25 de setembro de 1643); despois de varios ataques repelidos, a retirada foi desordenada, quedando o Miño cheo de cadáveres “que se quitaban a carradas do río”, despois dunha tregua para enterrar os mortos.
A ocupación de Salvaterra esgotaba os intentos por recuperala. A concentración de tropas galegas nese lugar inquedaba aos portugueses, que novamente derivaron o foco de atención sobre o reduto de Camposancos, defendido nesta ocasión por solo 20 soldados e sen artillería, que causaba “maior espanto aos navegantes, do que lle podía causar. E así padecía a vila de Caminha a falta de comercio pola súa Barra [do Miño]”. Alá polas 11 da mañá do día 22 de febreiro de 1644, deu comezou o desembarco de 200 homes na praia de Camposancos. Viñan en barcos, agochados e cubertos con mantas, desde de Lanhelas, San Bento-Seixas, Caminha e da Insua; ademais contaban cunha galeota grande e un bergantín que gardaban a entrada do río: “…primeiro acometeron unha garita do inimigo [galego], que saíu do reduto para impedir a pasaxe, e nese intre saíu da nosa Insua a galeota, cos soldados que cabían nela e foron parar ao reduto”. Os portugueses axiña renderon as garitas da praia, así como o reduto, custudiado por 20 homes que logo de disparar unha carga de mosquetería contra os invasores fuxiron e deixaron baleiro o “Forte”. Arrasaron a fortificación mailas trincheiras da praia, e levaron “por despoxos 3 barcos coas redes e as portas do reduto” para Caminha. Días despois (23 de marzo de 1644) os portugueses asaltaron A Barca de Goián, que foi “saqueada e incendiada”. A resposta do Gobernador Capitán-Xeneral de Galicia, o marqués de Tavara, non foi outra que simular un ataque ao longo do Baixo Miño: desde Tui sobre Valença, e desde Forcadela sobre Vila Nova de Cerveira. Pero obxectivo principal era castigar Caminha, Seixas, Lanhelas e Gondarém, que eran os lugares de onde partiran os barcos que atacaran un mes antes A Barca de Goián. Do porto da Guarda saíron o 23 de abril de 1644 “catro barcazas coas súas roqueiras [canóns con balas de pedra] e trinta barcos menores” con tropa para o lugar da Tamuxe. Desde aquí, con 1.000 infantes embarcados en 7 barcazas e outros barcos máis pequenos os galegos cruzaron o Miño, pero foron repelidos pola artillería de Caminha e polos veciños de Lanhelas. Houbo máis de 200 baixas galegas entre mortos nas refregas e os afogados no río. Despois deste desastre, acordouse erguer en Goián o primeiro forte abaluartado que construíron os galegos no Baixo Miño, que se comezou a obrar no mes de agosto 1644. Tamén se instalara unha peza de artillería nas Eiras para impedir o paso de barcos, que conseguiron levar para Caminha os portugueses despois de asaltar este posto, “traendo a peza de artillería e os despoxos do lugar”. Neste mesmo ano, 900 soldados lusos desembarcaron na Tamuxe, de onde levaron “35 barcos do inimigo e os despoxos dos lugares que queimaran” para Caminha, e “aos outros que se fabricaban en terra prendéronlle lume”.

A guerra derivou para Salvaterra, ocupada polos portugueses, que supuñan unha gran ameaza para a seguridade da cidade e provincia de Tui. No esteiro do río Tea, os galegos defenderon o paso da ponte de Fillaboa co Forte do Castro e as trincheiras fortificadas da Salgosa. Ademais rodearon Salvaterra con varios cuarteis asperxidos polas parroquias veciñas. O Gobernador-Capitán Xeneral de Galicia, Guillén Ramón de Moncada, no ano 1646 mandou erguer o Forte de Santiago de Aytona, que pechaba definitivamente aos portugueses en Salvaterra. As hostilidades cesaron na Raia miñota durante aproximadamente dez anos (1645-56). A poboación comezaba a sentir o peso económico e humano que supuña a guerra: “…polo que os seus naturais ademais do traballo persoal  [da terra] e o de servir, como serven, como soldados pagados, teñen [ademais] gastos moi disformes ás súas forzas [económicas], tendo sempre aloxadas nas súas casas á cabalería e infantería, e obraron pola súa custa a construción dos fortes…” xa comentados para a defensa da Raia do Miño. En 1650 os portugueses remataron a fortificación abaluartada da Insua, e nos seguintes anos a fronte de guerra estivo inactiva nesta zona.

Xa pasaran 17 anos de conflito, e por primeira vez os galegos, ás ordes de Vicente Gonzaga, serán quen de tomar a iniciativa da guerra ofensiva en maio de 1657, cunha entrada de 4.000 homes pola Raia Seca, que correu desde Melgaço terras abaixo para asaltar Valença. O ataque foi adverso e a perda de soldados galegos foi elevada. Varios barcos con tropa quixeron participar no ataque, pero a artillería de Caminha non permitiu que subiran polo Miño arriba. Coa teima de tomar Valença, no mes de xuño, máis de 10.000 infantes e 2.500 homes de a cabalo galegos cruzaron o río por unha ponte de barcas botada en Areas de Tui, e pasaron a fortificarse en San Pedro da Torre, onde ergueron e artillaron o Forte de San Luís Gonzaga, e na beira galega fixeron o Forte de Amorín-Tomiño, comunicados os dous por unha ponte de barcas.
O equilibrio de forzas estaba agora máis equilibrado: os portugueses ocupaban Salvaterra, e no Baixo Miño os galegos dominaban a campaña entre Valença e Vila Nova de Cerveira. Para imposibilitar unha invasión polo Val do Minho, os lusos fortificáronse con varias construcións defensivas (destacando o Forte de São Jorge-Silva, 1657) que pechaban o paso aos galegos e mantíñaos acurralados no Forte de San Luís.  


En setembro de 1658, Rodrigo Pimentel, marqués de Viana-Señor de Allariz e Gobernador-Capitán Xeneral de Galicia, pasou de Amorín para a campaña de Valença cun exército que superaba os 7.000 homes e 700 cabaleiros, co propósito de destruír os fortes que atenazaban ao San Luís Gonzaga. Os portugueses, case sen exército, perderon as fortificacións e retiráronse para as serras de Paredes de Coura. Os galegos saquearon e queimaron as freguesías que corrían de  Valença ata Vila Nova; desde Tui botaron unha ponte de barcas para cruzar o Miño e encamiñáronse río arriba para tomar primeiramente Lapela, que renderon o día 4 de outubro. Despois dun longo asedio de 4 meses sen parar de disparar a artillería galega, instalada nas dúas beiras do Miño, rendeuse a vila de Monção: “Saíron desta Praza 455 rendidos, que quedaron dos 1.500 soldados que entraran nela, e os demais morreran nas saídas, asaltos e de enfermidades. Todos os de dentro estaban tan mortos como os mortos que tiñan polas rúas, sen enterralos, que levaban 12 días sen facelo…”. A defensa de Monção foi heroica, cun alto custe humano para ámbolos exércitos; rendeuse a Praza no día 7 de febreiro de 1659. No día 17, as tropas galegas entraron en Salvaterra e deron remate aos 16 anos de ocupación portuguesa desta vila galega.
Chegado o ano 1661, no mes de xullo, os galegos pasaron o Miño por unha ponte de barcas botada en Amorín-Tomiño, para intentar tomar por terceira vez a cidade de Valença. A tropa compúñase de 10.000 infantes, 1.000 cabaleiros e dun tren de artillería con 14 pezas. Os portugueses contaban cun exército un pouco inferior, gobernado polo conde do Prado e Gobernador das Armas de Entre Douro e Minho. Os enfrontamentos na campaña de Valença déronlle a vitoria aos portugueses, que despexaron axiña o seu territorio da presenza do invasor galego, agás do Forte de San Luís Gonzaga que permaneceu ata o remate da guerra en mans galegas.


De novo, en xullo de 1662, deron comezo a unha entrada en Portugal, nesta ocasión desde Lapela (ocupada polos galegos). Case 10.000 soldados de infantería e 2.000 homes de a cabalo destruíron as fortificacións da Portela de Extremo e das Choças, para chegar a Guiela e Arcos de Valdevez. Os portugueses retiráronse para Ponte de Lima pelexando sempre desde o alto das serras, con cargas constantes de artillería e de cabalería. A finais de agosto os dous exércitos enfrontáronse no famoso combate da Travanca (Paredes de Coura). O avance por terras lusas resultou un desastre, aínda que se ocupou Lindoso. Os rigores do inverno maila resistencia do conde do Prado provocaron a retirada dos galegos para o Miño no mes de outubro. 
De agora en diante serán os portugueses quen  teñan a capaci-dade ofensiva sobre o Baixo Miño, coa tomada da vila da Barca-Goián no 26 de outubro de 1663. Coas novas fortificacións abaluartadas de Vila Nova e as construídas por eles en Goián, o paso do Miño quedou baixo o dominio luso ata que finalizou a guerra. Como resposta inmediata construíuse o Forte dos Medos-Estás e tamén se ampliou o de Amorín, por temor a un avance sobre Tui. As obras do Forte de Santa Cruz xa se remataran en maio de 1644: “A Guarda está en defensa cun forte de catro baluartes de pedra”. Nesta situación emerxeron as queixas da poboación que padecía grandes esforzos por mor da guerra: “…levando estas mercadorías de forraxe sobre os ombros camiñando 6 ou 7 légoas, e ademais deste traballo imponderable faise a condución de gran e fariña ás fabricas de Porriño, Monção [ocupado polos galegos] e A Guarda, cos carros diarios de pan de munición, …e leña para as ditas fábricas,…”. O descontento por falta de axudas económicas mailos tantos anos pasados de conflito provocaron desolazón na poboación civil, que comezaba a perder interese pola defensa da terra, e tamén nos soldados que fuxían da fame con desercións masivas.
Como Goián servía de testa de ponte para entrar en Galicia, os lusos prepararon unha gran invasión pola provincia de Tui. Chegaron a Vila Nova tropas de varias provincias de Portugal (Alentejo, Beira, Trás-os-Montes,…) que formaron un exército de 12.000 infantes, 2.500 cabalos, 12 pezas de artillería e 2.700 carros. Esta máquina de guerra cruzou o Miño e botouse a andar o día 28 de outubro de 1665. Polo camiño queimaron, roubaron e arrasaron todos os lugares polos que pasaron: As Eiras, A Tamuxe, e tamén a vila da Guarda, que foi atacada e destruída, aínda que non renderon o Forte de Santa Cruz porque solo querían crear terror. O Gobernador-Capitán Xeneral de Galicia, Luís de Poderico, ordenara non formar un exército defensivo e determinou que cada Praza militar soportara individualmente a súa sorte. Algunha cabalería galega observaba desde o monte o movemento dos portugueses, pero sen atacar. Os invasores entraron polas terras do Val do Rosal e Oia, camiño de Gondomar. As chuvieiras copiosas daqueles días frustráronlle un ataque sobre Monterreal-Baiona, pero seguiron polo Val Miñor, destruíndo e rapinando todas as aldeas. Como o exército galego non lles impedía o avance, entraron polo Val do Fragoso, atacaron Bouzas: “puxéronlle lume, e era de ver o incendio, agravado e mantido polo alcatrán e brea, e polo azucre e tabaco [dos almacéns]…”. Chegaron os portugueses ata as mesmas portas de Vigo, que pensando mellor defendido, non chegaron a atacar. Polo Alto de San Colmado pasaron a Porriño (6 de novembro), sen que a tropa galega que se formara pola aquela zona lles fixera fronte. As provisións de gran, moendas, factorías e panaderías da vila foron destruídas, coa conséguente escaseza de pan que padeceu o Baixo Miño: “[os galegos] terán moita dificultade en sustentar non só ao seu exército, senón tamén a moita xente daquela fronteira,… dando a cada soldado soamente unha cuarta de millo, que o comían pisado,…”. Sen oposición, os lusos volveron por Gondomar, repasaron novamente a razzia polo Val Miñor e o do Rosal, camiño xa da vila da Guarda. Desde o Monte do Cereixo, cuartel dos portugueses, adiantouse unha partida de 2.000 infantes e 800 homes de a cabalo para ocupar a ponte da Tamuxe, o camiño de Baiona e outras estradas que levaran á vila guardesa. O xoves día 11 de novembro o resto do exército foi chegando para dar comezo ao asedio. Instalaron canóns no Monte do Trega e deron as primeiras cargas sobre o Forte de Santa Cruz, que se construíra “nun alto, con 4 baluartes e 4 medias lúas,… e que estaba guarnecido con 1.700 infantes, 2 compañías de cabalos (alén doutra de desmontados) e con 10 pezas de artillería”. Moitos veciños fuxiron, pero outros refuxiáronse no forte, que estaba desprovisto de mantementos, pólvora e municións. Os lusos requiriron varias veces a rendición, pero os asediados responderon con algunhas saídas, a sabendas de que non serían auxiliados polo exército galego que se mantiña acuartelado. A defensa foi inútil porque despois de tres asaltos “furiosos”, os portugueses conseguiran picar tres minas con explosivos no forte, e diante desta situación, o gobernador da Praza, Jorge Madureira, pediu no día 20 de novembro (1665) as capitulacións de rendición: “Levaba 100 feridos, e morreron na defensa 80,… A guarnición foi escoltada ata a Praza de Tui,… e quedou entregado o goberno do Forte ao mestre de campo portugués Balthazar Fagundes, con 900 infantes de guarnición”. O Consejo de Guerra ordenou desde Madrid que se formara un exército para recuperar a vila da Guarda, pero o Gobernador-Capitán Xeneral de Galicia, Luís de Poderico, negouse por carecer de medios: “Non hai un día de pan, cebada nin palla co se poida socorrer cabalmente a esta xente”. Nos tres anos nos que aínda perdurou o conflito bélico, os portugueses dominaron os arredores da Guarda e o Baixo Miño, ata o remate da guerra, en febreiro de 1668.



Publicado no libro das Festas do Monte de 2017

lunes, 10 de julio de 2017

O RELO EN SAN ROQUE – “LA VOZ DEL TECLA” (1914)


11.07.-(pax. 4).- YA ESTAN TERMINADOS.- El reloj y la campana, que habrán de ser colocados en breve, en San Roque.
            Según carta, que hemos visto de D. Moisés Díez, en la actualidad se ocupa de la terminación del campanario, y para el 20 de los corrientes espera tenerlo todo embalado y dispuesto para el envío.
            Confiamos por tanto, fundamentalmente, que estará terminada la instalación en la Fiesta de San Roque, 16 del próximo agosto.

25.07.- (pax. 4).- EL RELOJ.- Ha salido de Palencia, según talón que hemos visto, el 16 de los corrientes, con todos sus accesorios.
            Tan pronto llegue a Tuy, que es la estación de destino, se telegrafiará a D. Moisés Díez para que salga inmediatamente el Oficial, que tan renombrada casa enviará para dirigir la instalación.

01.08.- (pax. 4).- YA HA LLEGADO.- En la tarde del miércoles, 29 de los corrientes, el potente reloj que ha de ser colocado en la Torre de San Roque.
            Agradó sobremanera la campana, que es de 462 kgs., por su tamaño y por lo bien rematada que está.
            Para ayudar a la descarga de todo el material, que arrojaba casi dos mil kilos, se agruparon junto a la Capilla más de 50 hombres y mas de un centenar de mujeres y niños.
            Allí Vilos a la activa y entusiasta Comisión y a otras varias personas de significación, que no nombramos por no hacernos pesados.

En todos los semblantes se pintaba la satisfacción y la alegría.
08.08.-(páx. 5).- PARA LA INSTALACION.- Del reloj llegó de Palencia un inteligente oficial de la acreditada Casa de D. Moisés Díez.
            No le fue posible venir antes, cual había prometido su principal, y de ahí el que no se halla ya funcionando, cumpliéndose de ese modo los generales anhelos de este vecindario.

15.08.-(páx. 4).- FIESTA DE SAN ROQUE.- El día 15 y cuando el nuevo reloj de esta parroquia anuncia por vez primera la hora de las 12, harán su entrada en esta parroquia tocando alegres pasodobles, una vez terminado el armonioso repique de campanas del templo parroquial y Capilla del Santo, y una ensordecedora salva de bombas, la Banda de Caminha (Portugal) y la del Sr. Orio de La Guardia.
            A la postura del sol será conducida la milagrosa imagen a la Iglesia Parroquial para la celebración de las solemnes vísperas, a cuya terminación volverá de nuevo a su Capilla.
            A las 8 de la noche dará principio la sorprendente verbena en la que se quemará profusión de fuego fijo y volador.
            A las 7 del día 16 se practicará el último ejercicio de la Novena y seguidamente se cantará una Misa, como se ha venido haciendo todos los días precedentes.
            A las 10 volverá otra vez el Santo a la Iglesia para la celebración de la misa solemne, en la que cantará las alabanzas del Santo el elocuente orador sagrado, Muy Ilustre Sr. D. Florencio Cerviño González, Canónigo Magistral de la S.I. Catedral de Tuy.
            Al fin de la misa se hará la procesión solemne del Santo, de la Iglesia a la Hermita y a las tres de la tarde empezará el baile en el campo del Santo, que continuará hasta el toque de oraciones.

(páxina 9).- ECOS DEL TECLA.- Hoy darán principio en la parroquia de Salcidos las solemnes fiestas que anualmente se celebran en honor del Abogado de la Peste, San Roque, y cuyo programa figura en la correspondencia de aquella parroquia en otro lugar de este número publicamos.
            Coincidiendo con estos festejos, hoy al mediodía, se hará la inauguración del magnífico reloj, que hace días viene colocándose en la esbelta torre recientemente construida en la Capilla de San Roque.
            Dicha torre y reloj constituyen un monumento admirable que perpetuará la memoria de los hijos de Salcidos y el celo inimitable de su celoso Pastor D. Martín Alvarez.
            Y a propósito de esto.-
            Hemos visto la magnífica lápida de mármol que fue colocada en la fachada principal de la torre, en la que se lee: = EDIFICOSE POR SUSCRIPCION POPULAR = Esta inscripción nos parece que está incompleta. Construida esa lápida en los talleres del señor Baliño de Vigo, por encargo del Párroco de Salcidos, don Martín Alvarez, parece ser que su modestia no le ha permitido completar su inscripción, y en eso debe el pueblo de Salcidos poner especial empeño queriendo, como quiere de veras a su digno señor Abad.
            A las letras que dejamos transcritas deben añadirse estas otras: = DEBIDA A INICIATIVAS DEL PARROCO D. MARTIN ALVAREZ =
            Sí, hijos de Salcidos: obras son amores, aunque haya que inutilizar esa lápida. Quienes han podido reunir mas de tres mil duros para levantar la torre y colocar un reloj, también disponen de unas cuantas pesetas para completar la obra.
            Reciba el pueblo y Párroco de San Lorenzo nuestra mas entusiasta enhorabuena.

22.08.-(páx. 4).-BUEN VIAJE.- Se lo deseamos al agradable y competente oficial de la acreditada Casa de D. Moisés Díez, de Palencia, D. Gregorio Villanueva, que salió de ésta el 19 de los corrientes para Puebla de Tribes (Orense) una vez terminada la instalación del magnífico reloj de esta parroquia y sufragado por sus vecinos e hijos aun ausentes.
            Por esa razón oimos de labios de nuestro sr. Abad que él no tuvo mas acierto que el haberse asociado una Junta Directiva, compuesta de personas honradísimas y de gran prestigio, a cuya Junta se debe en su mayor parte el feliz éxito de esta obra.
            Y para que se vea de ello la razón, dicho sr. Abad desea queden estampados en estas columnas los nombres de sus dignos compañeros de Comisión que fueron: D. José María Alvarez Alonso, Teniente Alcalde, de Pintán; D. José Bernardo Vicente Sobrino, Concejal, de Las Lajes; D. Ramón Alvarez Alonso, Concejal, del Coruto; D. Francisco Trigo Alonso, exconcejal, del Coruto;
            ¡Con tan buena gente se puede ir a cualquier parte!
            Por eso, sabemos que sí se intentaron hacer lo indicado en el último número del semanario “LA VOZ DEL TECLA”, con la mejor buena intención, que agradece y estima, nuestro humilde Pastor se opondría a ello.

No buscó, dice él, en su iniciativa, la gloria para él, sino la utilidad y beneficio para sus queridos feligreses.
            Dice asimismo, que otro iniciador hubiera realizado, tal vez, proyecto tan hermoso con mayor éxito, pero que él fue mas atrevido emprendedor, porque conoce lo que son capaces sus convecinos.
            Pero nosotros, por cuenta propia, también decimos que eso lo consigue él, por tener ganadas, merced a su carácter y bellas cualidades, el afecto de sus feligreses.
            De todos modos tenemos necesariamente que repetirle nuestra felicitación, aún cuando la hagamos extensiva, cual el desea, a sus excelentes compañeros de Comisión.


Celso R. Fariñas
INFOMAXE