Solo
Deus Noso Señor,
Sería capaz
de facel-a millor.
Ehí vai o
noso repertorio; o repertorio da nosa romaría, da Romaría do Monte, da millor e
mais alegre e mais enxebre romaría galega.
Vai este
papelorio a dicirvos algo do que son as nosas festas do Monte. Pero queremos
facervos antes unha aclaración; casi sempre o que se escribe con letras de
molde, por facel-o tan abultado, por querer aparentar mais do que é, resulta
mintira; tamen eiquí o que din estas follas é mintira porque as nosas Festas do
Monte son tan grandes, tan boas e tan enxebres que todo o que se diga é tan
cativo comparado co-a realidade que ulgamos que nin os millores escribidores
serían capaces de chegar a decir toda a verdade d-o que elas son; para sabel-o
hay que vivir e disfrutalas.
Guardeses
de eiquí e de fora, galegos todos e ademiradores das Festas do Monte; os que
vindeis todo-los anos e os que todo-los anos pensais vir e sempre o deixais pro
ano que ven: a todos as nosas mellores lembranzas. Ehí vai este repertorio a
espallarse po-lo mundo inteiro, para decirlle a todos os guardeses, galegos e a
os demais homes, que a nosa Romaría é a mais enxebre e a mais grande de todas
as romarías que fan os homes, pois solo Deus Noso Señor, sería capaz de facel-a
millor.
Publicado no libro das Festas do Monte de 1955
No hay comentarios:
Publicar un comentario